Publicador de contidos

Publicador de contidos

A loita contra o narcotráfico pon o foco na venda ilícita da mercadoría ilegal

A loita contra o narcotráfico pon o foco na venda ilícita da mercadoría ilegal

Expertos aseguran que aos narcotraficantes aféctalles máis cesar a actividades coas que branquean o capital que perder a mercadoría nunha operación

As narcolanchas seguen sendo comúns, pero destaca a presenza de narcosubmarinos nas costas galegas

G24.gal 26/11/2026 15:42

A Fundación Galega contra o Narcotráfico asegura que cada mes pasan dous ou tres narcosubmarinos fronte ás costas galegas. Na loita contra o tráfico de drogas, ademais de localizar o cargamento, é esencial interceptar as estruturas que as organizacións empregan para branquear o capital.

"O tráfico de drogas xera un enorme beneficio económico que utilizan as bandas criminais para dotarse de tramas e beneficiarse do branqueo de capitais", explica o inspector xefe da Unidade GRECO Galicia, Emilio Rodríguez.

Por iso un dos actuais retos das forzas e corpos de seguridade do Estado na loita contra o tráfico de drogas está en interceptar os cartos procedentes do narcotráfico. Dar cos alixos é capital, pero, tamén o é lograr intervir os cartos cos que se financian as organizacións que trafican. Sobre eses novos retos globais contra os narcos falan hoxe profesionais da loita contra o tráfico de drogas na Academia Galega de Seguridade Pública, que está na Estrada. 

Segundo os profesionais que falan hoxe na Academia Galega de Seguridade Pública, o punto máis vulnerable dos narcos é a perda da venda ilícita da mercadoría ilegal. O fiscal delegado Antidroga de Pontecedra, Servando Caíño Dasilva, defende un cambio de enfoque das operacións: "Enfocar o traballo xudicial e policial para privarlles deses beneficios económicos e atacarlles onde máis dano lles fai".

Porque a finalidade dos narcotraficantes é lograr un beneficio económico o máis elevado posible. As operacións supoñen grandísimos beneficios cando acaban con éxito para os narcos, pero, se son interceptados, o que máis prexudica as mafias non é perder a cocaína ou a droga en si mesma, senón a perda da venda desta.

Cambio nas drogas máis comúns e na maneira de transportalas

Aumenta o tráfico de drogas sintéticas, sinxelas de fabricar en laboratorios e moito máis doadas de transportar que a cocaína, que chega por mar. As narcolanchas seguen sendo utilizadas polas organizacións criminais, pero tamén aumenta o uso de narcosubmarino. "Narcosubmarinos, tres, catro ao mes, que pasan por diante das costas galegas, que pasan por diante, que poden descargar ou non", comunica o xerente da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, Fernando Alonso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar