Publicador de contidos
Publicador de contidos

A lei do ex condena o Arenteiro fronte á Cultural (0-1)

A lei do ex condena o Arenteiro fronte á Cultural (0-1)

Antón Escobar rematou unha boa falta para marcar ante un dos seus exequipos

Os do Carballiño apuraron as súas opcións pero non perforaron a rede de Bañuz

G24.gal 31/08/2024 21:00

A volta a casa do teu goleador nunca foi tan dolorosa. Antón Escobar voltaba ao Carballiño, onde hai varias tempadas perforaba as redes dos que visitaban ao Arenteiro, e converteu o único gol dun partido no que a Cultural Leonesa levou os tres puntos.

O Arenteiro puxo corazón durante os noventa minutos, pero a calidade viña do lado leonés. Cun equipo feito a conciencia para ascender, os visitantes tentaron impoñerse. E pasado o ecuador do primeiro tempo, unha boa falta botada por Pibe propiciou o que ninguén quería. O Espiñedo veu como Antón Escobar, ese ao que tanto lle cantaran, se elevou para marcar o cero a un.

Empurrou o Arenteiro na segunda metade, pero a defensa da Cultural Leonesa soubo cubrir a súa meta. Non tiveron sorte os do Carballiño, e o árbitro decretou a conclusión co cero a un no electrónico. O Arenteiro suma dúas derrotas pola mínima, e aínda non sabe o que é puntuar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos