Publicador de contidos

Publicador de contidos

A infanta Elena espera a Xoán Carlos I no aeroporto de Peinador

A infanta Elena espera a Xoán Carlos I no aeroporto de Peinador

A chegada do rei Xoán Carlos está prevista para as sete da tarde

G24.gal 19/05/2022 18:12

A infanta Elena agarda no aeroporto de Peinador o seu pai, o rei Xoán Carlos, que este xoves pisará por primeira vez España tras case dous anos en Abu Dhabi, e cinco minutos antes das seis saíu da súa casa o regatista e anfitrión Pedro Campos, cun Volvo gris, para recoller a ambos.

A infanta desembarcou antes que o resto dos pasaxeiros, dese voo regular que aterrou antes das cinco, e atópase agora á espera nunha sala exclusiva.

No exterior do aeródromo hai un importante operativo de seguridade e varios medios están despregados por distintos puntos. Algúns curiosos tamén se achegaron e a maioría cría que a expectación ía ser maior.

O avión privado en que viaxa o emérito, matriculado en Aruba co distintivo de P4- BFL, ten prevista a súa chegada sobre as sete.

Publicidade
Publicidade
Publicidade