A incidencia española e a galega equipáranse ao redor dos 3.100 casos
España rexistra un novo récord de contaxios con 179.125 casos
.png)
O avance de ómicron en España deixa un novo récord diario desde o inicio da pandemia ao sumar 179.125 novos positivos por coronavirus, cunha incidencia que alcanza os 3.127 casos (tras subir 85 puntos) e 125 falecementos, 2.024 nun mes.
A incidencia en Galicia aumenta aos 3.164 casos, e supera por pouco a media española.
Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, España supera así o rexistro máximo de toda a pandemia, que foi o 30 de decembro con 161.688 positivos, mentres que o total de contaxios diagnosticados nas últimas 24 horas foi de 78.855.
O impacto da pandemia sobre a mortalidade no último mes sitúa a España no escenario de setembro, no medio da baixada da quinta onda, cando houbo 1.991 decesos, mentres que en outubro andaron polos 900 e en novembro ao redor de 650. No mes de agosto, cando a quinta vaga alcanzaba o seu pico, consignáronse máis de 2.800 mortes.