Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia en España baixa dos 2.000 casos por primeira vez desde decembro

A incidencia en España baixa dos 2.000 casos por primeira vez desde decembro

Na fin de semana, a incidencia descendeu en 302 puntos

Descende tamén a presión nos hospitais

G24.gal 07/02/2022 19:12

As comunidades autónomas notificaron desde o pasado venres 335 falecementos por covid–19, nunha xornada en que a incidencia cae por primeira vez de 2.000 desde que comezou o ano, ata 1.997 casos, 302 puntos menos.

Segundo a actualización de datos do Ministerio de Sanidade, a pandemia suma 120.818 contaxios máis e descende a presión nos hospitais, cun 12,8 % de ocupación e 335 pacientes menos, e nas UCI, que baixa ata o 19,5 %, con 42 enfermos menos que o venres.

Desde o inicio da pandemia, rexistráronse 10.395.471 contaxios e 94.570 falecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade