Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia en España mantense arredor dos 49 casos na última semana

A incidencia en España mantense arredor dos 49 casos na última semana

Estremadura regresa ao risco baixo despois de tan só un día en nova normalidade

As comunidades notificaron 39 falecementos

G24.gal 03/11/2021 18:52

A incidencia por coronavirus en España rexistrou no último día unha nova subida leve, esta vez de 3 décimas, o que sitúa a media nacional en 49,3, preto do risco medio de transmisión (entre 50 e 150 casos), no que están nove comunidades.

Os datos do Ministerio indican que no último día reportáronse 2287 novos contaxios cun aumento da incidencia en 13 comunidades, pero a taxa media segue estable ao redor dos 49 casos desde o pasado 27 de outubro, con pequenas flutuacións.

Aumentou lixeiramente en España a positividade de casos por coronavirus por cada 100.000 habitantes, que pasa do 2,71 ao 2,76 %. A OMS indica que, se este indicador se atopa por debaixo do 5 %, pode darse por "controlada" a propagación do virus.

Só están en nova normalidade Ceuta (8,3) e Galicia (19,8), mentres que Estremadura, que entrou onte neste indicador, retrocede a risco baixo (de 25 a 50 casos) ao alcanzar os 25,9.

O indicador sobre a incidencia a 7 días, que serve para predicir a evolución da pandemia a curto prazo, sobe en dúas décimas na última xornada, é dicir desde os 23,03 ata os 23,28 casos por cada 100.000 habitantes.

As comunidades notificaron 39 decesos, cos que ascende a 87.462 os falecidos, confirmados por proba diagnóstica, desde o inicio da pandemia.

Hai seis ingresados máis no último día nas unidades de coidados intensivos (411 en total) dos hospitais de España, que provocou un leve aumento na presión nestas unidades, que pasa do 4,44 % ao 4,50 %. Actualmente están ingresados nos hospitais 1.825 pacientes, 85 máis desde onte.

Vacinación

As comunidades inocularon ata a data 1.204.886 doses adicionais e de recordo a pacientes considerados de alto risco, persoas en residencias e maiores de 70 anos, nun contexto de vacinación no que aumentaron os grupos de cidadáns que van recibir unha picada extra.

Sobre a vacinación para o resto da poboación, houbo 22.174 novos vacinados e 29.899 cidadáns que completaron a pauta coa segunda dose, de forma que o 80,2 % da poboación en España ten polo menos unha picada e, de momento, é o dato que anticipa a porcentaxe que finalizará o proceso (38.059.705).

Avanza no último día nunha décima, ata o 78,7 % da poboación, o total de cidadáns que completou a vacinación (37.347.287).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos