Publicador de contidos

Publicador de contidos

A imaxe da xornada: unha voda en medio das bombas da invasión

A imaxe da xornada: unha voda en medio das bombas da invasión

Lesia Ivashchenko e Valerii Fylymonov, membros da defensa Ucraína, deron o "si quero" no medio da guerra

G24.gal 06/03/2022 20:21

Unha imaxe no medio da invasión contra Ucraína este domingo que nos chega desde un posto de control de Kiev.

Leisa e Valerii casaron aproveitando un momento de tregua. Esta parella forma parte das Forzas de Defensa Territorial de Ucraína. Querían casar e a guerra non foi un impedimento.

Non foi a voda soñada, pero deron o "si quero" con ramo e flores, veo, aneis, viandas e música. Un xesto con moita carga simbólica e un casamento que está a dar a volta ao mundo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade