Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre a tempada de visitas guiadas á illa de San Simón

Abre a tempada de visitas guiadas á illa de San Simón

As viaxes parten de Redondela, Vigo e Cangas todos os sábados ata finais de xuño

G24.gal 13/05/2023 21:12 Última actualización 13/05/2023 21:28

Dende este sábado e ata fins de xuño podemos visitar a Illa de San Simón, a Illa do Pensamento. Este 2023 a navieira Mar de Ons ofrece esta viaxe desde os portos de Cangas e de Vigo.

Trátase dunha viaxe guiada que durante tres horas ensina ao público cal é a súa historia. Aprenden que foi un centro monástico na Idade Media, lugar de templarios e franciscanos nos séculos XII e XIII, lazareto no século XIX e prisión para republicanos na posguerra civil.

O habitual é coller o barco no porto de Cesantes, en Redondela, a só uns minutos, pero agora a Navieira Mar de Ons amplía a súa oferta desde maio aos portos de Cangas e Vigo. 

Aínda non estamos en tempada alta así que gran parte da pasaxe está composta por galegos que pola razón que sexa coñecían outras xoias atlánticas como Cíes e Ons pero non esta Illa do Pensamento.    

"Realmente a historia da Illa de San Simón eu sempre lles digo que vai desde os principios dos tempos ata os días de hoxe. E precisamente iso é o que sorprende á xente, que nunha illa tan pequena pasaran tantísimas cousas ao longo da historia", conta á TVG Montserrat Gálvez, guía turística da navieira Mar de Ons.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade