Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Generalitat restrinxe ao mínimo as relacións do Goberno polo caso Pegasus

A Generalitat restrinxe ao mínimo as relacións do Goberno polo caso Pegasus

ERC e Bildu ameazan con non aprobar o decreto de medidas económicas fronte á guerra

Feijóo critica que se permita participar os independentistas na comisión de segredos oficiais

O Catalangate chega ao Senado

G24.gal 26/04/2022 19:54

O Goberno catalán considera insuficientes as explicacións do executivo central polo caso Pegasus. Anuncia accións legais e restrinxe as relacións coa Moncloa.

"Comporta restrinxir as relacións políticas ao mínimo ata que se aclaren todas as interrogantes, que son moitas" anunciaba a voceira do Goberno catalán, Patrícia Plaja.

O Goberno de Sánchez di que o asunto está en fase de esclarecemento.

"O Goberno de España está moi tranquilo, ten a conciencia tranquila e por iso todas as medidas que adoptamos son medidas de transparencia para aclarar o feitos", afirmaba o ministro da Presidencia, Félix Bolaños.

A presunta espionaxe a políticos independentistas tamén pon en dúbida o apoio de Esquerra e Bildu ao decreto de medidas para paliar os efectos da guerra en Ucraína.

 "O único idioma que entende o PSOE é tocarlle a axenda lexislativa", aseguraba Gabriel Rufián.

Bildu considera que o PSOE debe de ser consciente da gravidade. E pídelle que non se escude na súa inacción porque pode ter consecuencias internas e externas.

Declaracións que coinciden co anuncio da presidenta do Congreso de reducir o número de votos necesarios para que Esquerra e EH Bildu poidan estar na comisión de segredos oficiais. Unha decisión duramente criticada polo PP.

"O Goberno non pode seguir poñendo os seus intereses por diante dos do Estado", aseguraba Feijóo.

Co cambio proposto por Batet non serán necesarios como ata agora os votos do PP para que un grupo político poida acceder á comisión de segredos oficiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade