Publicador de contidos

Publicador de contidos

A gasolina e o gasoléo superan xa os dous euros

A gasolina e o gasoléo superan xa os dous euros

O prezo medio do litro de gasolina situouse esta semana nos 2,117 euros, tras rexistrar unha subida do 3,36 % con respecto a hai sete días

No caso do diésel, o prezo medio do litro rexistrou unha alza do 4,54 % na última semana, para superar por primeira vez a o listón dos dous euros

G24.gal 16/06/2022 12:04

O prezo medio da gasolina e do gasóleo en España escalou esta semana a un novo récord histórico e xa supera a cota dos dous euros, 'comendo' ademais en ambos os casos a totalidade da subvención de 20 céntimos por litro que entrou en vigor o pasado mes de abril.

O prezo medio do litro de gasolina situouse esta semana nos 2,117 euros, tras rexistrar unha subida do 3,36 % con respecto a hai sete días atrás, segundo datos do Boletín Petroleiro da Unión Europea.

Ese importe medio inclúe os impostos, pero non reflicte o desconto que entrou en vigor desde o pasado 1 de abril de polo menos 20 céntimos por litro, xa que hai descontos superiores, dependendo da petroleira.

Contando con esa subvención, o prezo do litro de gasolina sería así xa case 10 céntimos máis caro que na última semana de marzo (1,818 euros), antes de que se comezara a aplicar o desconto, co que o encarecemento rexistrado por este carburante desde entón absorbeu totalmente a axuda.

No caso do diésel, o prezo medio do litro rexistrou unha alza do 4,54 % na última semana, para superar por primeira vez a o listón dos dous euros (2,003 euros). Así, ao aplicar a rebaixa dos 20 céntimos por litro, o seu importe sería apenas uns tres céntimos inferior ao prezo que marcaba a finais de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade