Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopar aloxamento turístico en Internet: asegurarse de que existe, non pagar por adiantado e desconfiar das gangas

Atopar aloxamento turístico en Internet: asegurarse de que existe, non pagar por adiantado e desconfiar das gangas

A Garda Civil ofrece consellos para evitar calotes

O grupo de delitos informáticos acaba de desartellar unha rede que estafou 128 usuarios e deixou detidos nas provincias de Pontevedra e A Coruña

G24.gal 24/05/2023 14:13

Desconfiar das gangas e coidarse daqueles que nos solicitan por Internet datos confidenciais. Son algunhas das recomendacións dun decálogo da Garda Civil, tras desmantelar unha rede dedicada a alugar pisos turísticos que non estaban en ningures. Houbo 128 calotes, tamén nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Entre outros consellos, os axentes de @gardacivil062 recomendan fixarse moito nos comentarios dos anuncios, tamén evitar facer pagamentos de anticipos se non é a través de plataformas seguras. Outras das recomendacións é que na medida do posible tentemos facer unha videochamada co propietario para asegurarnos, entre outras cousas, que o piso que alugamos existe. Sabelo, ás veces, é tan sinxelo como googlear o enderezo.

"Con pautas sinxelas e accesibles a calquera cidadán podemos evitar que nos estafen", explican.

O grupo Arroba da Garda Civil da Comandancia de Pontevedra traballa para detectar os delitos informáticos. Entre as súas recomendacións máis básicas: non premer nas ligazóns de Internet que nos manden por correo ou mensaxe.

"Esas ligazóns que nos envían para que deixemos datos poden agochar un software malicioso, un malware. Se picamos nel poden acceder á nosa información confidencial e poden acceder a todo tipo de datos persoais ou claves bancarias, etc", explica a axente, Verónica Argibay. 

Tamén os donos dos pisos, que se publicitan na internet ofrecen consellos para recoñecer a fraude,

"Ante todo, hai que estar alerta. Como moitas outras estafas que hai en Internet de todo tipo de artigos. Normalmente as vivendas que se van alugar ou están en plataformas de Internet ou se se fan a título particular, todas deben ter un número de rexistro", avisa Dulcinea Aguín, presidenta de Aviturga.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade