Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil desprega un operativo en Ourense, Pontevedra e Portugal contra o crime organizado

A Garda Civil desprega un operativo en Ourense, Pontevedra e Portugal contra o crime organizado

Polo momento houbo rexistros en Ourense, Pontevedra e Portugal

Ducias de axentes e medios aéreos participan neste operativo, que está baixo segredo de sumario

G24.gal 17/04/2024 10:39 Última actualización 17/04/2024 19:28

Un gran dispositivo policial en que participan ducias de axentes e medios aéreos desprégase desde primeira hora da mañá deste mércores na cidade de Ourense nunha intervención coordinada polo Ministerio do Interior.

Unha operación da Garda Civil contra o crime organizado relacionado co tráfico de estupefacientes e que deixa polo momento 4 rexistros en Ourense, 2 en Pontevedra e 1 en Portugal.

Segundo trasladaron fontes da Garda Civil de Ourense, o dispositivo despregado na Cidade das Burgas, centrouse na contorna da rúa Celso Emilio Ferreiro, onde os axentes rebentaron a porta para entraren nun edificio por sorpresa.

"Tres aí cun can e aquí había outro e o portal estaba aberto. Eu intuín que era nese portal", indica unha veciña.

O operativo comezou contra as sete da mañá. O helicóptero da Garda Civil, inmóbil sobre o edificio, vixiaba desde o aire mentres axentes armados interviñan a pé de rúa.

"Xusto enriba, pegado e estable, indicando esta rúa coa cámara posta e dando unha volta de vez en cando, pero fronte á casa", comenta un mozo que pasaba pola zona.

As entradas e rexistros sucedéronse e van máis alá da propia cidade de Ourense e chegan ata O Pereiro de Aguiar, onde a presenza de axentes da Benemérita é notable na urbanización Moterrei

Polo momento, a actuación está baixo segredo de sumario, segundo remarcan fontes policiais, e está dirixida desde o Xulgado de Instrución número 2 de Ourense.

No operativo, tamén se produciron varios rexistros na provincia de Pontevedra, un deles en Sisán, no concello de Ribadumia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar