Publicador de contidos

A Garda Civil contará con equipos Arroba para combater o cibercrime

A Garda Civil contará con equipos Arroba para combater o cibercrime

As ciberestafas incrementáronse en Galicia nun 51 % nos primeiros nove meses deste ano e representan xa un de cada seis delitos

No terceiro trimestre deste ano Galicia rexistrou máis de 19.000 estafas

G24.gal 05/11/2021 13:08

Aumenta a taxa de criminalidade en Galicia polo auxe das ciberestafas. De feito, un de cada seis delitos cometidos na comunidade enmárcase dentro da ciberdelincuencia.

Por iso a Garda Civil contará a partir de agora con novos equipos Arroba destinados a previr e loitar contra este tipo de criminalidade que vai en aumento.

No terceiro trimestre deste ano Galicia rexistrou máis de 19.000 estafas, un 46 % máis ca no mesmo período do ano anterior. Delas, preto de 13.000 foron estafas cometidas a través de Internet. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos