Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil atopa tres cadáveres con feridas de bala nun casarío de Granada

A Garda Civil atopa tres cadáveres con feridas de bala nun casarío de Granada

As persoas falecidas, dous homes e unha muller, son membros dunha mesma familia

Segundo fontes da investigación, a causa do crime podería ser un enfrontamento económico

G24.gal 03/12/2022 21:04 Última actualización 03/12/2022 21:21

A Garda Civil localizou este sábado tres cadáveres nun predio na Serra de Orce, en Granada. Os tres falecidos, membros da mesma familia, presentaban feridas de bala.

Os axentes atoparon nun primeiro momento os corpos do matrimonio de 60 anos do que non se tiña novas desde o pasado 30 de novembro. A familia denunciara a súa desaparición.

Horas despois, localizaban no mesmo casarío o terceiro cadáver, que corresponde a un irmán do home falecido. O matrimonio tiña varios impactos de bala.

O irmán presentaba unha ferida por arma de fogo no cranio. Algunhas fontes apuntan a que se quitou a vida. 

"É unha familia coñecida, respectada, querida, hai desconcerto e moita incredulidade, que nun lugar tan pequeno coma este, onde case nunca pasa nada, pois aconteza un suceso tan terrible", dixo José Ramón Martínez, alcalde de Orce.

Fontes da investigación barallan como posible causa do crime un enfrontamento económico entre os irmáns. As forzas de seguridade traballan sobre o terreo para recoller probas que esclarezan os feitos. 

A casa atópase nunha zona illada, en plena Serra de Orce, a máis de corenta minutos do núcleo urbano e de difícil acceso.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade