Publicador de contidos

Publicador de contidos

A galega Nuria Bouza, entre as favoritas para a Copa da Raíña de volei praia

A galega Nuria Bouza, entre as favoritas para a Copa da Raíña de volei praia

Compite canda a andaluza Nazaret Florián e agardan mellorar o subcampionato do ano pasado

G24.gal 28/04/2022 21:26

Nuria Bouza prepárase para a gran cita do volei praia desta fin de semana. A Copa da Raíña viaxa a Menorca. Alá, canda Nazaret Florián, intentará mellorar o subcampionato conseguido o ano pasado.

Tres semanas despois a lucense disputará en Madrid unha das probas do circuíto mundial. O bronce conseguido o ano pasado permítelles esquivar as fases previas que dan acceso ao torneo.

O obxectivo da temporada, en calquera caso, é mellorar os rexistros conseguidos en 2021. A Copa que se celebrará desde este venres 29 ata o domingo día 1 de maio será a súa primeira oportunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade