A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre herda a Corporación Voz de Galicia
A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre herda a Corporación Voz de Galicia
O presidente e editor de La Voz de Galicia dispuxo que sexa a encargada dar continuidade ao legado empresarial e editorial
A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre será a herdeira do grupo de empresas da Corporación Voz de Galicia. Así o recollen as disposicións testamentarias de Santiago Rey Fernández-Latorre, falecido o pasado 28 de agosto.
Segundo informou este xoves o grupo de comunicación, o presidente e editor de La Voz de Galicia dispuxo que sexa a encargada dar continuidade ao legado empresarial e editorial da Voz. Os principios editoriais están recollidos no Libro de Estilo. Nel defínese como "un medio de comunicación liberal, aberto a todas as ideoloxías, defensor do estado democrático e de dereito, e dos intereses xerais de Galicia".