Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Flotilla asegura que o activista español está a ser trasladado cara Israel

A Flotilla asegura que o activista español está a ser trasladado cara Israel

Segundo un comunicado, o activista brasileiro Thiago Ávila e o español de orixe palestina Saif Abukeshek foron trasladados e retidos no barco israelí Nahshon

O comunicado tamén reafirma as denuncias de tortura, especialmente contra o español-palestino, que di que foi agredido polo Exército israelí nesa embarcación

Albares esíxelle a Israel a liberación do español Saif Abu Keshek, membro da flotilla

Flotilla preto da illa de Creta, Grecia. (REUTERS/Stefanos Rapanis) Flotilla preto da illa de Creta, Grecia. (REUTERS/Stefanos Rapanis)
G24.gal 02/05/2026 09:19

A Flotilla Global Sumud asegurou que o activista brasileiro Thiago Ávila e o español de orixe palestina Saif Abukeshek estánse a trasladar xa desde Grecia cara Israel.

Segundo un comunicado publicado na madrugada deste sábado, ambos os participantes da Flotilla foron trasladados ao barco israelí Nahshon, igual que os 174 activistas que navegaban nas 22 naves do convoi interceptado na noite do xoves, pero ao contrario que os seus compañeiros eles foron retidos aí.

O comunicado tamén reafirma as denuncias de tortura, especialmente contra o español-palestino, que di que foi agredido polo Exército israelí nesa embarcación.

A Flotilla sostén que este feito supón unha "grave escalada" e un "crime de guerra adicional".

Tras a retención polas forzas armadas israelís en augas internacionais dos activistas da Flotilla, estes desembarcaron este venres na illa grega de Creta (menos Ávila e Abukeshek), onde algúns foron trasladados a un centro médico e o resto ao aeroporto de Heraclión e desde onde empezaron a ser repatriados aos seus países.

Os organizadores da Flotilla elevaron a 35 o número de activistas que deberon recibir atención médica por mor da violencia física, segundo os seus testemuños, recibida por parte dos militares israelís.

Os Gobernos de España e do Brasil esixiron nunha nota conxunta o retorno inmediato dos seus cidadáns e cualificaron de "atropelo ao dereito internacional" o secuestro dos activistas en augas internacionais.

Pola súa banda, o Ministerio de Exteriores de Israel acusa o español-palestino de facilitar transferencias financeiras ao grupo islamita Hamas, e ao brasileiro de mostrar o seu apoio á milicia.

Ministerio de Asustos Exteriores de España

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, asegurou que o cónsul de España en Tel Aviv está citado ás 12.00 horas deste sábado para ter contacto co activista español de orixe palestina Saif Abukeshek, despois de que fose trasladado a Israel.

Albares declarou que España está en contacto para levar a cabo todas estas xestións con Brasil e tamén con Suecia xa que, ao parecer, o activista español ten ademais pasaporte dese país.

Preguntado polas denuncias de recibir torturas realizadas pola Flotilla, Albares apuntou que non puideron ser confirmadas de momento porque aínda non puideron velo, aínda que si sinalou que varios dos seus compañeiros doutras embarcacións tiveron que recibir asistencia médica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade