Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump di que Estados Unidos "tomará o control" de Cuba case "de inmediato"

Trump di que Estados Unidos "tomará o control" de Cuba case "de inmediato"

O presidente estadounidense sobe o ton das súas ameazas á illa despois de endurecer as sancións a La Habana

Donald Trump en West Palm Beach, Florida (EFE) Donald Trump en West Palm Beach, Florida (EFE)
G24.gal 02/05/2026 03:38 Última actualización 02/05/2026 08:33

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, elevou o ton contra Cuba ao asegurar que o seu país podería “tomar a illa case de inmediato”. Nun acto celebrado en Florida, o mandatario vinculou esa posible acción ao desenlace do conflito con Irán, e chegou a mencionar o envío do portaavións USS Abraham Lincoln ao Caribe como medida de presión.

As declaracións prodúcense poucas horas despois de que Washington endurecese as sancións contra o país caribeño ampliándoas a persoas e empresas que xeren ingresos de divisas para a illa. Segundo a orde executiva, asinada este venres, Washington bloquearalles os activos que teñan nos Estados Unidos a todos aqueles que manteñan relacións comerciais co Goberno de La Habana. Pon o foco en sectores clave da economía cubana como a enerxía, a minaría, os servizos financeiros ou a defensa. Unhas sancións que o executivo de Miguel Diaz Canel tacha de ilegais e abusivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade