Cargando resultados...
A Festa do Marisco do Grove chega á súa 59 edición e ofrece un amplo programa de actividades
Declarada de interese turístico nacional en1975
Remata o vindeiro 12 de outubro
G24.gal
30/09/2022 14:01
Tras 2 anos sen poder celebrarse pola pandemia, O Grove recupera esta festa gastronómica e cultural que cada edición recibe milleiros de persoas que poderán degustar a prezos populares o marisco das Rías Baixas.
Racións de ameixas entre 10 e 12 euros, navallas a 8,50 ou berberechos a 7 euros son algúns dos produtos que conforman a carta desta Festa do Marisco declarada de interese turístico nacional en1975, e que chega á súa 59 edición cun amplo programa de actividades lúdicas, gastronómicas e culturais que se van poder gozar ata o vindeiro 12 de outubro.