Publicador de contidos

Publicador de contidos

A fábrica de IA centrada na saúde de Santiago situará Galicia na "elite" europea

A fábrica de IA centrada na saúde de Santiago situará Galicia na "elite" europea

Estará centrada en resolver problemas de saúde humana, ambiental e animal

Ofrecerá servizos gratuítos a empresas, administracións e investigadores para crear novos medicamentos, producir alimentos máis sans, previr doenzas asociadas ao cambio climático ou actuar ante posibles pandemias

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no acto de presentación da factoría de intelixencia artificial 1HealthAI
G24.gal 11/12/2025 16:26

A Cidade da Cultura acolleu este xoves a posta de longo da factoría de intelixencia artificial que se vai se vai poñer en marcha en Santiago o ano que vén. É unha das 19 que se van crear en Europa impulsadas pola Comisión, e a de Galicia estará centrada en resolver problemas de saúde humana, ambiental e animal.

A factoría de IA combinará tecnoloxía avanzada, supercomputación e bases de datos para protexer a nosa saúde. Ofrecerá servizos gratuítos a empresas, administracións e investigadores para crear novos medicamentos, producir alimentos máis sans, previr doenzas asociadas ao cambio climático ou actuar ante posibles pandemias

Na presentación do proxecto participaron empresas do sector biotecnolóxicos, como Zendal; centros de investigación, como o Centro de Supercomputación de Galicia, que acollerá esta fábrica no novo edificio que están construíndo en Santiago, e representantes da Comisión Europea, do Goberno e da Xunta, que afirmaron que este proxecto situará Galicia na elite da IA.

No proxecto investiranse 82 millóns de euros de fondos europeos, do Estado e da Xunta. O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, destacou a aposta da Xunta pola innovación para garantir a nosa soberanía tecnolóxica, atraer talento e impulsar a creación de empresas do sector.

"Hai cousas que hai pouco tempo era impensable que se puideran facer aquí, e agora podemos competir con sitios onde ata hai pouco nin soaba o nome de Galicia. Agora xa nos poden ter en conta como un serio competidor", defendeu Alfonso Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade