A evolución imprevisible dos incendios obriga a facer desaloxos preventivos
O protocolo de emerxencias prioriza a protección das persoas
Hai que atender os bens materiais e as infraestruturas antes que a masa forestal
A interacción entre os incendios de distintas zonas incrementou a incerteza sobre a deriva dos incendios
Poder prever o comportamento dun incendio é fundamental para atallalo con éxito. Pero as circunstancias excepcionais que se están dando nesta ocasión en Galicia fan que sexan máis impredicibles ca nunca. Un dos factores que está multiplicando o nivel de incerteza é a interacción entre os incendios próximos, segundo o seguemento que están facendo especialistas como Juan Picos, profesor de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Vigo.
O conxunto de incendios do Courel estivo interaccionando co incendio de Carballeda e fixo que se comportara dunha maneira non previsible. Iso non é nada frecuente.
Por iso nesta ocasión na loita contra o lume se están priorizando os desaloxos preventivos de acordo cos protocolos de emerxencia, segundo o responsable de AXEGA, Marcos Araujo:
Hai que intentar contrololalo o antes posible, pero a prioridade son as vidas humanas. O que estivemos facendo é prever con tempo eses desaloxos para evitar riscos"
A lexislación de Protección Civil establece que unha vez que as persoas estean a salvo, daráselle prioridade á protección dos bens materiais e ás infraestruturas e logo á masa forestal.