Publicador de contidos
Publicador de contidos

A escaseza de auga obriga a cortar a traída nunha aldea de Vilar de Barrio

A escaseza de auga obriga a cortar a traída nunha aldea de Vilar de Barrio

Os mananciais que abastecen a Padreda e as fontes secaron xa en maio

Dende principios de ano ata hoxe, na Limia caeu un cuarto de auga do normal

G24.gal 24/05/2022 14:13

Preocupación en Padreda, no concello limiao de Vilar de Barrio, pola escaseza de auga que están tendo xa en maio; a fonte non ten nin pinga de auga porque secaron os  mananciais, un problema que tiñan en agosto pero nunca neste tempo.

O concello tivo que cortar a auga da traída durante tres días, os veciños que peor o pasaron son os que non dispoñen de pozos particulares.

Dende o concello de Vilar de Barrio aproveitaron o corte para limpar as dúas captacións e repoñer un traxecto de mangueira ata o depósito para que baixe máis auga á aldea pero esta, din, é unha solución temporal. O que cómpre é que chova, na Limia no que levamos de ano caeron un cuarto das precipitacións do que sería o normal.

Malia que se repuxo a subministración, o concello pediulle á veciñanza que non regue nin laven coches coa traída para ir mantendo o fío de auga que queda nos mananciais. Temen que no verán, cando a poboación de Padreda se multiplica por seis, o problema sexa realmente grave. 

O concello de Vilar de Barrio está buscando financiamento para poder facer unha obra que permita traer a Padreda a auga dende outros mananciais da serra de San Mamede que de momento non teñen escaseza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos