Cargando resultados...
A erupción da Palma é xa a máis longa na illa dende hai case 400 anos
O aeroporto segue pechado por quinto día consecutivo
O Pevolca alerta do perigo das chuvias que se anuncian para os vindeiros días

ana lois
24/11/2021 20:31
A erupción da Palma fai hoxe 67 días. Convértese así na máis longa que padeceu a illa dende 1677, hai case 400 anos. O aeroporto da Palma continúa este mércores pechado por quinto día consecutivo. A calidade do aire non permite que operen os avións. Para este xoves e especialmente para o venres agárdanse chuvias intensas na illa. O director técnico do Pevolca pediulle á poboación que evite as valgadas e os outeiros inestables. Témese pola aparición de escorras, derrubamentos e ríos de lama.