Publicador de contidos

Publicador de contidos

A empresa Nervión construirá unha planta de ensamblaxe de estruturas no porto exterior de Ferrol

A empresa Nervión construirá unha planta de ensamblaxe de estruturas no porto exterior de Ferrol

A compañía quere aproveitar o impulso da eólica mariña

As obras comezan este verán e ten previsto crear uns 300 postos de traballo

G24.gal 03/06/2022 16:03

A enerxía eólica mariña abre novos proxectos industriais en Ferrol. A empresa Nervión vai crear 300 empregos coa apertura dunha planta de ensamblaxe de estruturas no porto exterior.

A nova planta prevé dar resposta á alta demanda de estruturas eólicas mariñas que se agarda para os próximos anos. As obras comezan este verán e prevese que o novo proxecto bote a andar a finais do próximo ano cun potencial de emprego que pode chegar a uns 500 traballadores entre directos e indirectos.

A proximidade a Navantia e a situación do porto exterior animaron a empresa Nervión a escoller Ferrol para este proxecto que reforza o papel da comarca no campo das enerxías renovables.

"Permite a xeración de postos de traballo de calidade e consolidar a comarca non só no sector naval, senón nunha diversificación de proxectos que van permitir que Ferrolterra teña esa oportunidade nese proceso de transformación dixital e sobre todo avanzando cara as enerxías renovables", asegurou o vicepresidente da Xunta, Francisco Conde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos