Publicador de contidos

Publicador de contidos

A emancipación xuvenil, en mínimos históricos: só o 15,2 % marcha da casa

A emancipación xuvenil, en mínimos históricos: só o 15,2 % marcha da casa

O prezo da vivenda é o principal freo para que os mozos se emancipen

A maioría dos mozos independentes viven de alugueiro e case en condicións de pobreza

Europa Press Europa Press
G24.gal 12/08/2025 11:52

Tan só o 15,2 % dos mozos de entre 16 e 29 anos están emancipados e teñen que dedicar o 92 % do seu soldo se queren establecerse en solitario.

Estes son os últimos datos do Observatorio da Emancipación do Consello da Mocidade referidos ao segundo semestre de 2024, que significa o peor rexistro nun segundo trimestre dende o 2006.

Hai 102.203 mozos menos vivindo fóra do fogar familiar en comparación co ano anterior, segundo a emancipación deste martes.

De alugueiro e compartindo piso

Máis da metade dos mozos emancipados vive de alugueiro e case un terzo deles comparte piso para asumir os gastos.

A finais de 2024 alugar unha vivenda libre custaba de media 1.080 euros ao mes, o prezo máis alto da historia. Isto obriga o traballador novo a destinar case todo o seu soldo á vivenda.

O difícil acceso á vivenda é o factor que máis complica a emancipación, a pesar da subida do salario medio da xuventude e o descenso da taxa de paro.

O alto riso de pobreza nos mozos

En total, máis de sete de cada dez mozos seguían vivindo na vivenda familiar a peche do ano pasado, pois só o 26,4 % dos traballadores novos estaban emancipados.

O feito de que os prezos da vivenda suban máis ca os seus salarios fai que o 18,8 % dos mozos emancipados se atopen en risco de pobreza ou exclusión social. Entre os do paro, a cifra da pobreza nos mozos alcanza o 30 %.

Esta falta de acceso á vivenda e a principal barreira para que os mozos desenvolvan un proxecto vital independente, perpetuando unha situación que combina precariedade e risco de pobreza.

14 anos para comprar unha casa

O acceso a propiedade segue esta liña tamén, pois o prezo medio de compravenda (197.210 euros) equivale a 14 anos de salario xuvenil.

Ademais, o Observatorio sinala que o nivel educativo non garante condicións de vida independentes. A taxa de paro nos mozos con estudos superiores é a máis baixa entre os que só teñen estudos primarios, pero ámbolos grupos teñen dificultades de emancipación.

Madrid e Cataluña, as que teñen maiores taxas de emancipación

A peche de 2024, a Comunidade de Madrid presentaba a taxa de emancipación xuvenil máis alta, cun 17,9 %, seguida de Cataluña, cun 17,6 %.

No outro extremo, Castela-A Mancha, cun 10,6 %, e Andalucía, cun 12 %, son as que teñen as cifras máis baixas.

Estas diferenzas territoriais tamén reflicten nos ingresos, coma o caso de Madrid, onde o salario medio neto era de 17.563 euros anuais cando nas Canarias era de 11.793 euros.

 No caso de Galicia, a taxa de emancipación aumentou un 0,5 % en comparación co ano pasado, mesmo caso que o de Cantabria.

Desde o Consello da Mocidade de España reclaman ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana que abra unha canle activa para avaliar a evolución da situación xuvenil e reformar aquelas políticas que non funcionan.

Entre elas, piden a aplicación efectiva da Lei de vivenda, a reforma do Bono Alquiler Joven para que chegue a toda a poboación nova ou a construción de parque público de vivenda cun 40 % destinado á mocidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade