Publicador de contidos

Publicador de contidos

Maria Reigosa apoia unha proposta do PP en Lugo no primeiro pleno tras darse de baixa no PSOE

Maria Reigosa apoia unha proposta do PP en Lugo no primeiro pleno tras darse de baixa no PSOE

"Os veciños de Lugo merecen respostas e responsabilidade por riba de calquera sigla", argumentou a concelleira

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, xunto a María Reigosa, o día en que tomou posesión como concelleira (Europa Press/Arquivo)
G24.gal 29/01/2026 12:55

A edila María Reigosa, que recentemente solicitou a baixa de militancia no Partido Socialista e mantense como independente dentro do grupo municipal, rompeu este xoves no pleno do Concello de Lugo a disciplina de voto e apoiou unha proposta formulada polo Partido Popular para executar unha actuación urxente de mellora de servizos na rúa Fermín Rivera. A iniciativa saíu adiante cos votos dos edís populares e o que emitiu Reigosa.

Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, a propia concelleira explicou o seu “voto favorable á proposición relativa á mellora de servizos” nesa rúa. Dixo que os “veciños de Lugo”, e en concreto os da rúa Fermín Rivera, merecen “respostas e responsabilidade por encima de calquera sigla”.

Reigosa indicou que o seu voto se baseou "exclusivamente no sentido común e na defensa da seguridade e do benestar das persoas que viven nesta zona", e xustificouno por "unha cuestión de responsabilidade".

O seu voto é fundamental para manter no pleno a maioría do Goberno bipartito, formado por socialistas e nacionalistas, dado que ambos os socios só suman un concelleiro máis dos que ten o Partido Popular na corporación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade