Cargando resultados...
A DXT prevé 553.000 desprazamentos por estradas no comezo da campaña de verán en Galicia
Entre os medios de vixilancia, a DXT incorpora 34 motos camufladas
Os motoristas camuflados da Garda Civil centrarán o traballo na fin de semana en zonas de alta sinistralidade en moto
G24.gal
30/06/2022 13:47
Estamos en véspera da primera gran saída por estrada do verán e con ela recordatorio de sempre de non descoidar a posta a punto do vehículo.
Segundo a DXT, esta fin de semana haberá 553.000 desprazamentos en vías por territorio galego. É o 16 % dos previstos en toda España.
Para controlar tanto movemento na rede viaria, a Garda Civil desprega numerosos medios humanos e técnicos. Entre estes últimos incorpora 34 motos camufladas que vixiarán durante as fins de semana as zonas de maior sinistralidade de motoristas.