Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT advirte que faltan examinadores: cada mes 8.000 persoas máis queren o carné

A DXT advirte que faltan examinadores: cada mes 8.000 persoas máis queren o carné

Pere Navarro negocia co Ministerio de Función Pública a ampliación do persoal para adecualo ás necesidades actuais

G24.gal 22/07/2025 13:37

O director xeral de Tráfico, Pere Navarro, recoñeceu que faltan examinadores a pesar de que o persoal está cuberto ao 98 %, pero non é suficiente para asumir todas as solicitudes das persoas que queren sacar o carné de conducir: cada mes chegan 8.000 máis que o mes anterior.

Así o anunciou este martes durante un almorzo informativo organizado por Executive Forum, no que sinalou que o persoal de examinadores, agora composto por 900 profesionais, non é suficiente para os 50 millóns de habitantes que existen en España.

Negociando con Función Pública para ampliar o persoal

Durante a súa intervención, Navarro anunciou que a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) está a negociar co Ministerio de Función Pública para ampliar ese persoal e adecualo ás necesidades actuais.

Nestes momentos a escaseza de examinadores téntase paliar cos 118 profesores que se van incorporar no mes de setembro e outros 100 previstos na oferta pública de emprego para este ano.

Ás 8.000 persoas máis que cada mes solicitan pasar o exame para obter o carné respecto ao mes anterior, hai que sumar os condutores profesionais que chegan de Latinoamérica para suplir a falta destes profesionais en España, que tamén deben pasar probas para validar o seu permiso de conducir.

Pere Navarro, durante a súa intervención no Executive Forum Pere Navarro, durante a súa intervención no Executive Forum

Neste contexto, Navarro puxo de relevo o nivel de esixencia dos examinadores, como demostra o feito de que só un 48 % dos que se presentan ao exame aproban en primeira convocatoria, o 30 % en segunda e o resto nas sucesivas probas, aínda que foi rotundo ao afirmar que non se vai baixar ese nivel.

"As costuras empezan a renxer"

O responsable de Tráfico lamentou que España non conte aínda cunha lei de mobilidade cando Francia xa vai pola segunda, e tirou das orellas aos parlamentarios.

"Tardan demasiado en aprobala no Congreso", dixo Navarro, que advertiu: "Podes quedar atrapado no caos se non xestionas ben a mobilidade".

Incidiu en que as políticas de mobilidade se deseñaron cando España tiña 10 millóns menos de habitantes, e as infraestruturas son as que son. Por iso, alertou de que as costuras empezan a renxer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade