Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DINA triplicou as peores previsións da Aemet

A DINA triplicou as peores previsións da Aemet

Os meteorólogos din que, por moito que os sistemas mellorasen, é complicado afinar as predicións

G24.gal 31/10/2024 14:39

Os avisos especiais que a Aemet levaba emitindo dende a fin de semana xa adiantaban que a situación sería alarmante. Pero a realidade superou e mesmo duplicou en cantidade e tempo esas estimacións. Unha tormenta, deixaría moita chuvia, pero como foi unha tras outra provocou esta situación de case 500 litros por metro cadrado, que é o que chove nun ano, en tan só oito horas

Os meteorólogos din que, por moito que os sistemas mellorasen, en casos coma estes é complicado afinar as predicións porque os modelos neste tipo de configuracións non ven con días de antelación onde pode ter maior inestabilidade, precipitacións, e as DINA son fenómenos meteorolóxicos moi difíciles de predicir

Chegaron a acumularse niveis de ata 10 veces os períodos máximos que ten en conta a enxeñería. De aí tamén a reclamación que fan os enxeñeiros. Un plan hidrolóxico e unhas infraestruturas hidráulicas que axuden a paliar estes efectos. 

Calcúlase que en España hai case tres millóns de persoas que viven en zonas catalogadas con alto risco de sufrir unha inundación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade