Publicador de contidos
Publicador de contidos

A derrota en Guijuelo complica as posibilidades de permanencia do Vilalbés

A derrota en Guijuelo complica as posibilidades de permanencia do Vilalbés

Pica e o galego Xavi Domínguez marcaron para un equipo local que se mete na fase de ascenso

G24.gal 21/04/2024 19:17

O Rácing Vilalbés afronta as dúas últimas xornadas da competición coa necesidade de recuperar os tres puntos que ten perdidos coa Ximnástica de Torrelavega para manterse na categoría. A derrota en Guijuelo (2-0) complica as opcións dos de Simón Lamas que precisan case un pleno de puntos para non baixar da Segunda RFEF.

O partido foi o típico que se xoga no campo do Guijuelo. Moitas accións a balón parado e pouca continuidade no fútbol. Todo condicionado pola superficie na que se xoga. Na primeira metade non houbo acerto pero nun córner o equipo local comezou a decantar o partido grazas a un barullo do que tirou proveito Pica. O galego Xavi Domínguez, que acababa de entrar no partido, anotou o segundo e sentenciou a prol dun Guijuelo que fai historia ao meterse na fase de ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos