Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cuarta dose da vacina da COVID-19: poñela xa ou agardar por unha que combata as últimas variantes do virus

A cuarta dose da vacina da COVID-19: poñela xa ou agardar por unha que combata as últimas variantes do virus

O Ministerio de Sanidade agarda a aprobación da Axencia Europea de vacinas contra as novas variantes da ómicron.

A administración da vacina require un intervalo de catro ou cinco meses antes da seguinte dose

Debate sobre a data idónea para a cuarta dose da vacina da covid
G24.gal 17/07/2022 13:57 Última actualización 17/07/2022 14:48

A Consellería de Sanidade coincide cos organismos europeos á hora de reclamar que se empece xa a poñer a cuarta dose da vacina na poboación maior e vulnerable, sen esperar ao outono. Polo de agora as vacinas autorizadas son as mesmas que xa temos postas e aínda que son eficaces fronte a calquera variante, esta vaga do verán demostrou que as últimas liñaxes da ómicron escapan máis dos anticorpos que creou o noso sistema inmune. Por isto, a inmunóloga África González é partidaria de agardar:

O que está esperando o Ministerio de Sanidade é a aprobación por parte da Axencia Europea dunhas novas vacinas que incluirían a variante ómicron. O que se intenta é que sexa unha vacina diferente. E eu creo que é unha boa medida sobre todo para poñela cercano ao inverno porque é unha época en que estamos en interiores e as posibilidades de contaxio son maiores.

África González recorda que as vacinas esixen un tempo para que o sistema inmunitario produza as defensas necesarias, e que non se poden poñer unhas detrás de outras.

Entre a administración última da vacina e a seguinte hai que deixar un intervalo de catro ou cinco meses. Polo tanto non podería ter sentido inmunizar agora e rapidamente en setembro outra. Non. A poboación xeral está ben protexida porque o sistema inmunitario é capaz de aprender e aínda que as variantes cambien tamén os anticorpos cambian. Polo tanto a vacinación para a poboación xeral non creo que teña sentido facela pero si centrarse nos vulnerables. 

Ese colectivo, o de persoas maiores e con patoloxías é no que volveu aumentar a mortalidade nestas últimas semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade