Publicador de contidos

Publicador de contidos

A covid e a vacina provocan alteracións menstruais en preto da metade das mulleres

A covid e a vacina provocan alteracións menstruais en preto da metade das mulleres

O CHUS investiga por que o coronavirus e a vacina afectan o ciclo menstrual de tantas mulleres

Son trastornos leves e puntuais que non deben impedir a vacinación

Moitas mulleres sofren sangrados máis abundantes, atrasos ou cambios na periodicidade da menstruación
G24.gal 27/01/2022 13:26

O complexo hospitalario de Santiago está a investigar as alteracións menstruais que sofren case a metade das mulleres despois de vacinarse contra covid ou de pasar a enfermidade. Os trastornos son leves, polo que os mesmos investigadores insisten en que deben seguir vacinándose.

O elevado número de mulleres que despois de vacinarse contra a covid ou de pasar a enfermidade acudían a consulta por alteracións na menstruación acabou por confirmar a relación causa efecto entre o virus e vacina e os trastornos xinecolóxicos.

"Unhas veces en forma de intensidade no sangrado, outras na duración, e ata sangrados en mulleres menopáusicas que había anos que non sangraban"

"Un estudo da Universidade de Estremadura con 17.000 pacientes, entre as que había aproximadamente entre un 44 e un 46 % de mullers consultadas que si que tiveran trastornos menstruais coa vacina", explica Cristina González, xinecóloga do hospital de Santiago e profesora da USC.

Desde o hospital de Santiago, que está a analizar entre 100 e 200 mulleres afectadas, insisten en que non hai motivo para deixar de vacinarse, xa que as alteracións non son graves. "Son alteracións moi puntuais e leves, duran entre dous e tres meses, catro como máximo".

"En ningunha recollemos datos preocupantes. Todas as probas que realizamos foron satisfactorias, e por iso as mulleres teñen que estar tranquilas e non ter medo a seguir vacinándose", afirma a doutora González.

Si que aconsellan ás que sofren os trastornos que acudan ao médico para descartar outras patoloxías que poidan ser máis importantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos