Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fabiola García: "As residencias de maiores son espazos libres de covid"

Fabiola García: "As residencias de maiores son espazos libres de covid"

A conselleira de Política Social participou no primeiro congreso da Asociación dos Centros de día de Galicia 

G24.gal 20/11/2021 14:55

Sen case contaxios nas residencias de maiores, dende a Consellería de Política Social descartan polo momento novas restricións para os usuarios e as familias. Desbotan tamén pedir o pasaporte covid ás visitas, segundo a a conselleira, Fabiola García.

"Nos centros residenciais hai moi pouquiños casos, se non recordo mal son catro caso de 25.000 usuarios. Se a pandemia vai a peor valorárase se hai que revisar algún protócolo pero neste momento quero lanzar unha mensaxe de tranquilidade aos maiores porque as residencias son espazos libres de covid"

A conselleira de Política Social participou no primeiro congreso da Asociación de Centros de Día de Galicia. Un foro de reflexión e formación para varios centos de profesionais sociosanitarios, segundo a presidenta do colectivo de centros de día privados, Ángeles Álvarez.

" O que vamos a aproveitar esta fin de semana para que os profesionais nos sigamos formando e dar ese servizo que as persoas maiores requiren, ese cambio de modelo que non sexan so servizos asistenciais senon que empoderen as persoas".

Descartan a concepción dos centros de día como escolas para maiores. Reivindican a súa función como esencial para unha parte importante da poboación,..como espazos de vida e oportunidades, como apunta Lourdes Bermejo, experta en Intervención Social Integral.

"Creo que temos que facer un esforzo porque hai moitas persoasmaiores que non van coñecer outra  vida que non sexa con precaución de pandemia e non podemos encerralos e deixalos sen vida o tempo que lles queda"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade