Publicador de contidos

Publicador de contidos

A conquista de poder autonómico do PP deixa no aire a aplicación da Lei de vivenda

A conquista de poder autonómico do PP deixa no aire a aplicación da Lei de vivenda

Algúns propietarios retiran temporalmente as súas vivendas das inmobiliarias polas dúbidas

Algunhas inmobiliarias temen que a lei provoque que a oferta de vivendas baixe ainda máis

Nas inmobiliarias galegas cren que a nova lei fai diminuír a oferta e non rebaixa os prezos dos alugueiros
G24.gal 30/05/2023 14:34

Leva en vigor tan só cinco días, e o seu futuro é incerto. A conquista de poder autonómico por parte do PP deixan no aire a aplicación da nova lei de vivenda aprobada polo Goberno de coalición.

Os populares poderán gobernar ata once comunidades, e nelas xa anuncian que non van aplicar a norma no referente á creación das chamadas zonas tensionadas. Nelas os prezos dos alugueiros non poderán subir por riba do IPC. No sector inmobiliario galego notan xa os primeiros efectos.

Ese control de prezos era precisamente o principal obxectivo do Goberno para as zonas onde apenas hai oferta de vivendas ou encareceron os alugueiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade