A Comunidade Valenciana reabre os 'vacinódromos' anticovid-19
A Comunidade Valenciana reabre os 'vacinódromos' anticovid-19
A Consellería de Sanidade puxo en marcha dezasete puntos, a maioría na provincia de Valencia, para a inoculación da vacina sen necesidade de que os interesados pidan cita

O aumento de casos de covid-19 levou as autoridades sanitarias da Comunidade Valenciana a reabriren os vacinódromos. Moitos dos que acoden, boa parte deles mozos, fano para poñer a terceira dose, incluídos turistas que chegan doutras zonas de España ou do estranxeiro.
A Consellería de Sanidade puxo en marcha dezasete puntos, a maioría na provincia de Valencia, para a inoculación da vacina sen necesidade de que os interesados pidan cita.
Están situados en centros de saúde ou hospitais e cun horario de atención dunhas horas en determinados días. Só en tres atenden de luns a venres e nun período de dúas horas cada día.