Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Comisión de Saúde Pública aproba a dose de reforzo para maiores de 40 anos

A Comisión de Saúde Pública aproba a dose de reforzo para maiores de 40 anos

Aprobouse administrar dose de reforzo a aquelas persoas menores de 60 anos que recibiron AstraZeneca

A previsión é que estean vacinadas antes de que remate o mes de febreiro

A ministra Darias di que a dose de reforzo é fundamental para protexer contra a variante ómicron

G24.gal 16/12/2021 13:16

A Comisión de Saúde Pública, en que están representados o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas, avalou a dose de reforzo da vacina contra a covid–19 ás persoas de 59 a 40 anos, comezando polas de maior idade.  

Confirmouno a ministra de Sanidade Carolina Darias: "Prioritariamente, irán os de 50 a 59, e cando as comunidades autónomas finalicen con ese grupo empezarán a vacinar aos de 40 a 49. Isto vai permitir ter un horizonte de planificación dos recursos moi amplo", asegurou.

Segundo informou o Ministerio de Sanidade, esta dose de recordo administrarase a partir dos seis meses da última dose con ARNm, seguindo as recomendacións do Relatorio de Vacinas.   

Tamén se aprobou administrar dose de reforzo a aquelas persoas menores de 60 anos que recibiron AstraZeneca, fundamentalmente os traballadores esenciais. A dose de recordo administrarase a partir dos tres meses da última dose.  

A Comisión de Saúde Pública insistiu en que debe priorizarse a vacinación en persoas de 12 anos e naquelas que aínda non recibisen ningunha dose da vacina e as doses de reforzo nos grupos máis vulnerables, é dicir, os maiores de 60 anos. 

Lembrou que as persoas de calquera idade que recibiron unha dose de vacina Janssen tamén deben recibir unha dose de reforzo, tal e como xa consta na Estratexia de Vacinación. 

Sanidade considera que esa terceira dose é fundamental para protexerse contra as novas variantes do virus. "Fronte á ómicron, coa pauta de dúas doses parece que hai algún escape, pero á terceira dose quedamos protexidos igual que ata agora", di a ministra.

Polo momento hai 40 casos confirmados da ómicron en España, pero Sanidade dá por feito que o virus circula xa polo país e que despois do Nadal haberá unha explosión de contaxios.

A medida de vacinar a todos os maiores de 40 anos vai en liña co reclamado pola presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen hai unhas semanas para atallar a suba de contaxios en toda Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar