Publicador de contidos

Publicador de contidos

A coinfección de covid e gripe non é unha enfermidade nova nin implica máis gravidade

A coinfección de covid e gripe non é unha enfermidade nova nin implica máis gravidade

A circulación doutros virus respiratorios apunta a un debilitamento do da covid

Cruz G. del Río 03/01/2022 20:05

Durante a pandemia desapareceron os virus respiratorios máis comúns, o da gripe, o rinovirus ou o sincitial. O SARS-CoV-2 podía cos demais e impedía que circulasen ao mesmo tempo. Por iso que se detecten casos de coinfección de gripe e covid non debe levar ao alarmismo, senón todo o contrario.

 "É unha boa noticia porque quere dicir que de algunha maneira o coronavirus está debilitándose. Os virus pandémicos, non sabemos a razón, ocupan todo o espazo e non deixan circular os outros virus respiratorios", explica o catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública Juan Gestal.

Á coinfección de covid e virus da gripe puxéronlle de nome flurona, pero os expertos deixan claro que non estamos ante unha enfermidade nova.

"Non me gusta que lle poñan nome porque non se trata dunha enfermidade. Trátase de dúas infeccións que están coincidindo ao mesmo tempo e non é, polo tanto, nada novo", di o doutor Gestal.

Por iso a dobre vacinación é o mellor xeito de protexerse contra esta posible coinfección. E por tanto supón un risco engadido de enfermar gravemente para os que se contaxien ao mesmo tempo dos dous virus e non puxeran nin a vacina da covid nin a da gripe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade