Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Catedral de Santiago xa permite a entrada sen máscara

A Catedral de Santiago xa permite a entrada sen máscara

Desde o luns pasado xa non é requisito para poder acceder ao templo

G24.gal 07/09/2022 16:24

A Catedral de Santiago deixa de esixir a máscara para acceder ao templo. De feito deixou de ser obrigatoria dende este pasado luns.

A basílica fixera caso omiso á norma sanitaria que xa non esixía levala en espazos pechados. Esta situación provocou durante todo o verán desconcerto entre turistas que querían acceder ao templo e comprobaban que non os deixaban sen ela.

Incluso chegou a haber un posto de venda para todos aqueles que non a tiñan. Amais das protestas dos turistas, a Asocición Liberum ameazou con levar ao xulgado esta medida se a Catedral non retiraba a obrigatoriedade de entrar coa máscara.

Hoxe a máscara xa non é necesaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos