Cargando resultados...
A casa dos peixes da Coruña recibe o visitante seis millóns
A honra recaeu nun grupo de nenos de cinco anos do colexio de educación infantil de prácticas da Coruña

G24.gal
07/02/2022 13:52
Outro dos grandes atractivos turísticos da nosa comunidade é a Casa dos Peixes da Coruña, que hoxe acadou a cifra de seis millóns de visitantes.
Neste caso, a honra recaeu nun grupo de nenos de cinco anos do colexio de educación infantil de prácticas da Coruña.
A Casa dos Peixes da Coruña abriu as súas portas en xuño do ano 1999 co obxectivo de ensinar a fauna mariña do Atlántico.
Case 23 anos despois segue a ser un espectáculo para os sentidos de grandes e pequenos e un atractivo para todos aqueles que desexen asomarse a esta fiestra aberta ao océano.