A cabeza de Charles rescata un punto para o Pontevedra
A cabeza de Charles rescata un punto para o Pontevedra
Un golazo de Charles no minuto 90 permitiulle ao Pontevedra sacar un empate ante un Real Madrid Castela que de gañar se situaría no máis alto da clasificación.
Enfronte estaba un rival moi poderoso, que o Pontevedra tentou neutralizar no primeiro tempo. Mirou máis cara á súa porta e a defenderse con seriedade que á porta branca, en que apenas xerou perigo. Tampouco é que o fixera o Real Madrid, pero na única que tivo Peter marcou o 0-1.
No segundo tempo cambiou a decoración. Con moito corazón e aproveitando as xogadas a balón parado, os de Toni Otero conseguiron ir metendo no seu campo o equipo de Raúl González Blanco. Churre ou Derik puideron empatar. E na arreada final, Martín Diz e Soto dispuxeron de dúas boas opcións. Non foi ata o noventa cando apareceu un maxistral Charles que conseguiu rescatar un punto que sabe a vitoria.