Publicador de contidos

Publicador de contidos

A bicicleta vive unha idade de ouro tras a pandemia e a consolidación da eléctrica

A bicicleta vive unha idade de ouro tras a pandemia e a consolidación da eléctrica

A afección polo ciclismo disparouse desde 2020, aínda que o aumento da demanda choca coa falta de materiais

Tamén se dispara o bicicleta eléctrica como alternativa sostible de transporte

G24.gal 11/06/2022 15:30

Poderíase dicir que estamos na idade de ouro da bicicleta. Tras o confinamento de 2020 pola pandemia de coronavirus, o mundo das dúas rodas e os pedais comezou a vivir un espectacular auxe e o boom polo momento non ten visos de rematar.

O incrible aumento da demanda viuse freado iso si pola escaseza de materiais a dificultade para conseguir produtos e recambios que chega ata o día de hoxe.

Ademais a cada vez maior implantación da bicicleta eléctrica non fixo máis que medrar polo que este medio de transporte áxil e sostible estase a consolidar xa sexa na contorna urbana, rural ou puramente deportiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade