Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Asociación Fuco Buxán homenaxea o sindicalista Rafael Pillado

A Asociación Fuco Buxán homenaxea o sindicalista Rafael Pillado

O acto cívico celebrouse no castelo de San Felipe

G24.gal 25/02/2023 14:33 Última actualización 25/02/2023 15:17

O castelo de San Felipe acolleu un acto cívico en lembranza de Rafael Pillado, falecido o luns pasado. A asociación Fuxo Buxán non escolleu ao chou o lugar da homenaxe. Pillado pasou parte da súa infancia neste lugar, para estar preto do seu pai, militante comunista, preso no castelo.

O veterano dirixente, vinculado desde a ditadura franquista con Comisións Obreiras e o Partido Comunista de España, comunicara ao comezo do pasado ano que padecía un mesotelioma e que os médicos lle deran "un ano de vida".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade