Cargando resultados...
A Asociación Fuco Buxán homenaxea o sindicalista Rafael Pillado
O acto cívico celebrouse no castelo de San Felipe
G24.gal
25/02/2023 14:33
Última actualización 25/02/2023 15:17
O castelo de San Felipe acolleu un acto cívico en lembranza de Rafael Pillado, falecido o luns pasado. A asociación Fuxo Buxán non escolleu ao chou o lugar da homenaxe. Pillado pasou parte da súa infancia neste lugar, para estar preto do seu pai, militante comunista, preso no castelo.
O veterano dirixente, vinculado desde a ditadura franquista con Comisións Obreiras e o Partido Comunista de España, comunicara ao comezo do pasado ano que padecía un mesotelioma e que os médicos lle deran "un ano de vida".