A área de Vigo vai sumando os positivos de mil en mil
Onte foron 1.743; hoxe, 1.268 contaxios novos
Hai máis de 15.000 persoas infectadas
Sobe a incidencia acumulada no concello de Vigo
"A xente sae á rúa pensando que non lle vai tocar. A verdade é que ves moita xente con máscara, con precaución, pero eu no Nadal vin un descontrol", comenta a dependenta dunha tenda de Vigo.
O Concello de Vigo empeza a notar o efecto do Nadal. Das 6.500 persoas infectadas que ten a día de hoxe, case 3.000 detectáronse estes últimos sete días, un empeoramento que ata o de agora se notaba máis noutros concellos da área sanitaria.
A área de Vigo sumou hoxe 1.268 contaxios novos, unha cifra que eleva os casos activos por riba dos 15.000. Hai 92 dúas persoas ingresadas, que son as que máis preocupan, elas e todos os sanitarios que están deixando a pel.
"Preocupa o nivel de ocupación das UCI, dos hospitais, e a min particularmente preocúpame o persoal sanitario, xa moito máis que a xente. A xente dispón de liberdade para facer o que queira e o persoal sanitario está sacrificado dende hai dous anos esperando a ver que fai a xente ou que fan os políticos ou que decisión toman hoxe, outra mañá, así que a min as cifras de contaxio non me preocupan en absoluto", apunta con enfado unha sanitaria.