Cargando resultados...
A área de Vigo podería chegar aos 5.000 casos o domingo
Hoxe xa son 4.743, 395 casos novos en 24 horas
G24.gal
18/12/2021 13:52
Vigo achégase perigosamente aos 5.000 casos activos de covid, hoxe xa son 4.743 os afectados.
Nas últimas vinte e catro horas detectáronse 395 casos novos por PCR. Hai 74 persoas hospitalizadas e 21 en unidades de coidados intensivos.
As ringleiras para as PCR sen cita nas avenidas van desde o Náutico ata case a Xunta e hai esperas dunha hora e máis.
Hai persoas que a fan por prevención, diante das xuntanzas familiares das festas, pero tamén hai contactos directos nos traballos, nos colexios e nas casas.
Tamén hai colas de vehículos no covid auto do Cunqueiro.
A área de Vigo é a que máis preocupa, con máis de 2.000 casos sobre a seguinte área máis afectada, que é Ourense