Publicador de contidos

Publicador de contidos

A área de Pontevedra-O Salnés supera os 2.000 casos activos

A área de Pontevedra-O Salnés supera os 2.000 casos activos

Pontevedra-O Salnés suma 163 novos positivos

Bueu segue coa incidencia máis elevada de toda a área

G24.gal 15/12/2021 14:41

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés segue en ascenso con 163 novos positivos, e polo de agora non hai indicios de mellora.

"Non vemos aínda o momento en que, na área de Pontevedra se acade un pico e empece a descender, é dicir, aínda estamos subindo, a nivel de hospitalización compénsanse a cifra e apenas aumentamos respecto ás semanas previas porque os casos que ingresan compénsanse polos casos que se dan de alta", informa Juan Turnes, coordinador de hospitalización covid no CHOP

Hoxe superouse a barreira dos 2.000 casos activos. Bueu segue a ser o concello coa maior incidencia, hai 153 enfermos de covid e iso nótase na rúa.

"É que media vila está confinada", di unha muller

O virus afecta tamén o sector da pesca, xusto agora que están coa campaña do Nadal.

 "Algúns barcos que se dedican á campaña da nécora e do marisqueo agora mesmo a teñen suspendida porque están sufrindo a covid, entón pois non poden saír pescar", comenta unha señora

Estes días as vacinas son tema de conversa e de discusión.

"A vacina fai moito, os que a teñen non van hospitalizados nin...", "pero van morrendo algúns tamén", "morrer temos que morrer todos", "si pero non coa covid", falan uns veciños de Bueu

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar