Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dimite a alcaldesa do Porriño para evitar unha moción de censura que lle dea o goberno ao PP

Dimite a alcaldesa do Porriño para evitar unha moción de censura que lle dea o goberno ao PP

O grupo socialista proporá á segunda da lista, Lourdes Moure, para asumir o bastón de mando

Eva García de la Torre acompañada polos concelleiros do seu grupo municipal
G24.gal 23/11/2021 09:13 Última actualización 23/11/2021 13:34

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, confirmou este martes a súa dimisión como rexedora desta localidade para evitar unha moción de censura que lle dea o goberno local ao PP.

Foi nunha conferencia de prensa, en que estivo acompañada polos concelleiros do seu grupo municipal, onde García de la Torre anunciou, visiblemente emocionada, a presentación da súa renuncia, que se formalizará este mesmo martes no rexistro municipal, e que cualificou como "un servizo" ao pobo, onde seguirá sendo concelleira e portavoz do grupo socialista.

Confirmou que deixa a alcaldía para non ser "un obstáculo" á continuidade dun goberno de esquerdas, pero admitiu que se vai "con amargura".

Eva García de la Torre, que en 2015 converteuse na primeira muller á fronte do Concello do Porriño en democracia, confirmou que, logo da presentación da dimisión, convocarase un pleno para dar conta da renuncia e logo abrirase un prazo de 10 días para celebrar outra sesión, a de investidura do novo rexedor ou rexedora.

O grupo socialista proporá a segunda da lista, Lourdes Moure, para asumir o bastón de mando.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos