A AFE esixe que se aplique a Lei do deporte con Rubiales
Cualifica de "lamentable episodio" con Jennifer Hermoso e outras compañeiras da Selección Española de fútbol

A Asociación de Futbolistas Españois (AFE) esixiu, a través dun comunicado, aplicar o establecido na Lei do Deporte con Luís Rubiales, presidente da RFEF, tras o que cualifica de "lamentable episodio" "con Jennifer Hermoso e outras compañeiras da Selección Española de fútbol na cerimonia de entrega de medallas do Mundial Feminino de Fútbol e a posterior celebración".
O sindicato de futbolistas denuncia no seu escrito que:
"Os xestos físicos dirixidos cara a calquera persoa, neste caso unha futbolista, nunca son apropiados nin aceptables en ningún contexto sen o pertinente consentimento da persoa afectada".
"É especialmente grave o sucedido con Jennifer Hermoso ao atoparse nunha clara vulnerabilidade ante unha persoa que ten unha posición de poder sobre ela ao iniciar un achegamento ou realizar un xesto físico", manifesta a AFE, que esixe a aplicación a nova Lei do Deporte que na súa disposición final primeira, segundo lembra, aborda a cuestión de actos racistas, sexistas, xenófobos ou intolerantes.
"No caso de que o Sr. Rubiales non dimita de inmediato, AFE esixe que se aplique a citada lei, xa que os feitos descritos están contemplados nela", asevera o organismo.