Publicador de contidos

Publicador de contidos

A activista galega da flotilla a Gaza Sandra Garrido chega a Santiago

A activista galega da flotilla a Gaza Sandra Garrido chega a Santiago

"Tratáronnos fatal e os gobernos seguen permitindo que isto pase", asegurou

Foi recibida por familiares, amigos e outros activistas na estación Daniel Castelao

Sandra Garrido, a súa chegada a estación intermodal de Santiago de Compostela Sandra Garrido, a súa chegada a estación intermodal de Santiago de Compostela
G24.gal 08/10/2025 21:17

A activista galega Sandra Garrido chegou á estación intermodal de Santiago de Compostela pouco despois das oito da tarde deste mércores. Alí a agardaban outros membros da Global Sumud Flotilla, familiares e amigos, que protagonizaron unha emotiva benvida entre berros de 'Palestina vencerá' e aplausos.

"O máis cruel e inhumano é que Israel está a cometer un xenocidio en Palestina. Tratáronnos fatal, pero a noticia segue sendo que os gobernos seguen permitindo que isto pase", clamou.

Garrido foi deportada por Israel cando, xunto á Global Sumud Flotilla, tentaba romper o bloqueo que as forzas militares israelís manteñen sobre a Franxa de Gaza. Foi recibida entre aplausos, abrazos e bágoas na estación de tren Daniel Castelao da capital galega por medio centenar de achegados e representantes de organizacións que acompañaron desde terra o percorrido da flotilla humanitaria.

"O seguinte paso é unha folga xeral, o día 15. E despois seguinte flotilla, e seguinte flotilla... Por terra, mar e aire, igual que o Exército israelí", engadiu Garrido.

Está previsto que este xoves compareza ante os medios de comunicación acompañada polo patrón do barco en que viaxabe en misión humanitaria a Gaza cando foron interceptados polo exército israelí.

A activista santiaguesa chegou na noite do luns a Madrid nun avión militar xunto a outros 25 integrantes españois da flotilla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar