Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oitocentos cigarróns toman as rúas de Verín no domingo corredoiro

Oitocentos cigarróns toman as rúas de Verín no domingo corredoiro

É un dos días máis especiais do Entroido

Reciben os fregueses á saída da misa

G24.gal 12/02/2023 14:47 Última actualización 12/02/2023 15:15

Ruxir atronador das chocas pola rúa principal de Verín. Nun concello de 13.000 habitantes, 800 saíron este domingo vestidos de cigarróns. Algúns, xa poñen o traxe en canto botan a andar.

"Hoxe é o noso día grande, por excelencia", comenta un.

"Un día moi especial para nós porque tamén nos imos adestrando, que o traxe pesa moito", asegura outro.

O domingo corredoiro coñécese en Verín como o día da estrea do cigarrón, o momento que levan agardando desde o Entroido anterior.

"Os 365 días do ano esperando a que chegue este día", asegura unha moza.

Saída da misa

Entre os seus cometidos, o de recibiren os fregueses á saída da misa.

"Un pouco vacilar, meterse coa relixión e coa igrexa católica", comenta un cigarrón.

Agárdanos ás portas das igrexas, a parroquial e a dos Mercedarios, e fanlles un corredor para que avancen entre o estrondo das chocas.

"Unha tradición antiquísima, da época en que os cigarróns cobraban os impostos do feudo que era o castelo de Monterrei, que abranguía toda esta zona", explica unha veciña.

A próxima cita en Verín, aínda máis multitudinaria, é o vindeiro xoves, a noite das comadres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar